2. Política de Privacidade e Protección de Datos (RGPD / LOPDGDD)

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD), informámoslle de como tratamos os seus datos persoais:

  • Responsable do tratamento: Adrián Carracedo Abelleira, Carra Barbería (NIF 33550720E). Rúa Campo de Puente, 14, 27800 Vilalba, Lugo.
  • Finalidade: Xestionar as reservas de citas solicitadas, manter o historial de atención ao cliente e enviar comunicacións estritamente operativas e recordatorios sobre o estado das súas citas a través de correo electrónico. Non se enviarán comunicacións publicitarias de terceiros.
  • Lexitimación: Execución da relación precontratual/contratual (xestión da cita solicitada polo usuario) e consentimento expreso outorgado ao marcar a casiña de aceptación.
  • Seguridade e conservación: Os datos sensibles almacénanse cifrados na base de datos. Os datos das persoas con conta consérvanse mentres a conta estea activa. Os das persoas que reservan sen conta anonimízanse cando pasan 12 meses sen ningunha cita. Ao eliminar unha conta ou anonimizar uns datos, bórranse o nome, o email, o teléfono e a data de nacemento; as citas pasadas consérvanse sen ningún dato persoal, só con fins estatísticos.
  • Lista de espera: Se te apuntas á lista de espera, usamos o teu nome e o teu email só para avisarte se queda libre un oco no período que escolliches. A entrada bórrase 30 días despois de rematar (ao conseguir cita, ao borrarte ou ao pasar o período).
  • Copias de seguridade: Cada día gárdase unha copia de seguridade cifrada da base de datos nunha conta de Google Drive da propia barbería, para poder recuperar o servizo en caso de avaría. As copias consérvanse 30 días e despois bórranse automaticamente, polo que os datos eliminados ou anonimizados desaparecen tamén delas como moito 30 días despois.
  • Destinatarios: Non se ceden datos a terceiros, salvo obriga legal. Para prestar o servizo contamos con provedores que tratan os datos só por conta da barbería: Railway (aloxamento da web e da base de datos), MailerSend (envío de correos) e Google (inicio de sesión con Google e copias de seguridade). Algúns deles poden tratar datos fóra do Espazo Económico Europeo, sempre coas garantías previstas no RGPD (cláusulas contractuais tipo ou Marco de Privacidade de Datos UE-EUA).
  • Dereitos: Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento acudindo ao establecemento, chamando ao teléfono 611 96 85 98 ou escribindo a carrabarberia@gmail.com. Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es). Se ten conta, tamén pode eliminala vostede mesmo desde "A miña conta".

Uso dos datos de Google

  • Inicio de sesión con Google: Se escolle "Continuar con Google", recibimos de Google unicamente o seu nome, apelidos, enderezo de email e imaxe de perfil (permisos "profile" e "email"), co único fin de crear a súa conta e identificalo cando inicia sesión. Non accedemos a ningún outro dato da súa conta de Google (correos, contactos, arquivos...). Pode retirar este acceso en calquera momento desde myaccount.google.com/permissions ou eliminando a súa conta.
  • Google Drive: A web usa a API de Google Drive, co permiso "drive.file", exclusivamente na conta de Google da propia barbería, para gardar e borrar as súas copias de seguridade cifradas. Non accede ao Google Drive dos clientes nin a ningún outro arquivo.
  • Os datos obtidos das APIs de Google gárdanse na nosa base de datos, non se venden, non se comparten con terceiros e non se usan con fins publicitarios nin para adestrar modelos de intelixencia artificial.
  • O uso e a transferencia a calquera outra aplicación da información recibida das APIs de Google cumprirá a Política de datos de usuario dos servizos da API de Google, incluídos os requisitos de uso limitado.

Google user data (English summary)

The Carra Barbería website uses Google APIs in two ways only:

  • Sign in with Google: with the user's consent, we receive only their name, email address and profile picture (scopes "profile" and "email"), solely to create their account and identify them when they sign in. We do not access any other data in their Google Account.
  • Google Drive: using the "drive.file" scope, the website stores encrypted daily backups of its own database in the barbershop's own Google Account. It can only access the files it creates, and it never accesses customers' Google Drive. Backups are kept for 30 days and then deleted automatically.

Google user data is stored in our database and is never sold, shared with third parties, used for advertising or used to train AI models. Users can revoke access at myaccount.google.com/permissions, delete their account from "A miña conta", or request the deletion of their data by phone (611 96 85 98).

Carra Barbería's use and transfer to any other app of information received from Google APIs will adhere to the Google API Services User Data Policy, including the Limited Use requirements.

3. Condicións de Uso e de Reserva

  • Para realizar unha reserva en liña é obrigatorio facilitar un correo electrónico válido e un número de teléfono real co fin de recibir confirmacións e avisos operativos por correo electrónico e de poder contactar contigo se houbese algún cambio na túa cita.
  • O usuario comprométese a cancelar ou modificar a súa cita cunha antelación mínima de 24 horas se non pode asistir.
  • A acumulación reiterada de ausencias sen aviso previo ("Non presentado") ou o uso fraudulento de datos de terceiros poderá supoñer a restrición temporal ou definitiva do servizo de reserva en liña.

4. Política de Cookies

Este sitio web utiliza exclusivamente cookies técnicas e de seguridade propias, estritamente necesarias para prestar o servizo solicitado polo usuario (exentas de consentimento segundo o art. 22.2 da LSSI-CE e a Guía da AEPD):

  • sessionid: Mantén a sesión do usuario autenticado e retén temporalmente o oco seleccionado no calendario mentres se confirma a cita.
  • csrftoken: Cookie de seguridade que protexe os formularios contra ataques de falsificación de peticións (CSRF).
  • carra_trusted_guest: Cookie técnica cifrada e asinada que permite recoñecer o dispositivo tras verificar un código de seguridade por correo, evitando suplantacións de identidade.

Non utilizamos cookies analíticas de terceiros nin cookies publicitarias.